Muitos son os restos medievales qu’Asturias conserva nos sous poblos, villas y ciudades, pero el que podes ver en Argul, nel conceyo de Pezós, é ben distinto a todos os demáis.

Situado núa zona de medio monte, Argul – declarao Ben d’Interés Cultural – é hoi un poblo case deshabitao que vai darche úa idea de cómo podo ser a vida vai siglos núa zona abrupta y aislada. Precisamente ahí ta úa parte del sou encanto. El poblo, hoi case abandonao, constituye úa das mayores singularidades arquitectóninas del occidente asturiano.

El conxunto é arobusto y a sua configuración parece zarrarse sobre sí mesma, a manera d’anello concéntrico, establecendo mecanismos de comunicación entre os edificios a base de galerías y túneles, polos que non solamente se relacionan os elementos d’úa mesma casería, senón que tamén se resolven as servidumbres de camín al marxe dos caminos internos tradicionales, compoñendo úa peculiar caseiría.

As caseirías tán construidas na súa mayoría, por distintos elementos colocaos alredor d’un patio, entre os que destacan el hurro y a torre-palomar. Muitas das edificacióis tein tamén palomares nos desvanes. 

Outra singularidá notable e a súa arquitectura, a base de sobrias edificacióis de pedra apoyadas nel roquedo natural y en dellos casos sobre el muro del camín, deixando túneles nel medio pral paso de personas y gao. Todo ello configura un completo ben guapo de paisaxes enriba das mesmas casas.

Estos túneles y pasadizos forman un recorrido por debaxo das vivendas, y éstas tán unidas na súa parte primeira por altos corredores de madera, de forma que podrías recorrer el pobo sin tocar el terrén. Nun deixes de visitallo y conocer esta xoya medieval.